Ourense feito arte Isabell Seidel - La Voz de Galicia. CC Marcos Valcárcel
Ourense feito arte é o título que agrupa ás oito obras pintadas pola artista Isabell Seidel e reproducidas polo xornal La Voz de Galicia co motivo da celebración do seu 45 aniversario.
As oito obras de arte foron realizadas in situ, e en exclusiva para os lectores de La Voz, por Isabell Seidel, que empregou tinta chinesa e acuarela e supervisou o proceso de edición.
O acto contou coas intervencións de Ruth Nóvoa, delegada de La Voz de Galicia en Ourense, Santi Barreiros, fotógrafo e a artista, Isabell Seidel. Estiveron acompañados pola actuación do grupo de Jazz Alfonso Medela Trío
Esta colección presentouse o 13 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Enrique Tenreiro. CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
Punto e aparte. Exposición de Enrique Tenreiro inaugurada o día 4 de abril de 2013 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
Exposición: 4 de abril ao 5 de maio de 2013
Música:Paolo Pavan Silent
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
XIII Certame Artes Plásticas. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu o xoves, día 3 de setembro, a inauguración do XIII Certame de Artes Plásticas.
A Deputación de Ourense co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas, convoca o XIII Certame de Artes Plásticas destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
O xurado do certame estivo integrado por: Xose Manuel Buxán Bran, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario independente; Ángel Cerviño, artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte; Manuel Pérez Penín, pintor; Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións; e Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense e comisaria de exposicións; como secretario, Francisco Cougil, xefe do negociado de Transparencia e Información cidadá da Deputación de Ourense.
Na mostra están expostas 35 obras, entre as premiadas e as que foron seleccionadas entre os traballos presentados. Nesta XIII edición contou coa entrega de máis de 100 traballos de toda Galicia pero tamén de outras partes de España como Alicante, Canarias, Madrid, Guipúzcoa, Salamanca, Valladolid, Zamora, etc.
En canto aos premiados, a coruñesa Teresa Bua pola súa curtametraxe Jeada recibe o primeiro premio cunha dotación de 3.000 euros. O segundo premio de 2.000 euros é para obra Spanische Akte (Uber Richter), un traballo de pintura do coruñés Daniel Cerecedo. Por último, os 1.000 euros do terceiro premio recaen na pontevedresa, Marta Bran, coa instalación Picnic.
Este certame que é un dos máis consolidados e prestixiosos de Galicia conta con dous accésit de 500 euros cada un. O primeiro deles é para o pontevedrés Marcos Jesús Covela pola súa obra Stock e o segundo para unha pintura titulada Horizonte do zamorano, Diego Benéitez.
A mostra poderá visitarse ata o día 25 de outubro.
Exposición: 3 de setembro ao 25 de outubro.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Eugenio Granell CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
Eugenio Granell. Diario dun soño encontrado, mostra do pintor coruñés Eugenio Granell (1912-2001), un dos grandes representantes do surrealismo, a súa obra exhíbese por primeira vez en Ourense e inaugurouse o 18 de decembro de 2014 no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Diario dun soño encontrado abrangue a traxectoria creativa de Granell dende 1939 ata 2001, ano do seu falecemento. A mostra está formada por parte das obras máis importantes que compoñen os fondos do Museo Fundación Eugenio Granell, composta por óleos, desusos, gravados, construcións, guaches ou fotografías, así como unha selección bibliográfica e videográfica que mostra diferentes traballos de investigación arredor do legado granelliano.
Haberá visitas guiadas os xoves, venres, sábados e domingos ás 19:00 horas
Exposición: 18 de decembro do 2014 ao 22 de febreiro do 2015.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Andante. CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
Andante. Proyecto expositivo en el que participan cerca de quinientos artistas que recibieron una horma de zapato con el reto de convertirlo en una pieza artística.
El reto fue iniciado por el arquitecto Ramón Alvarez .
Exposición inaugurada el día 3 de mayo de 2013 en el Centro Cultural Marcos Valcárcel de la Diputación de Ourense.
Exposición: 3 de mayo al 24 de junio de 2013
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
In Tempore Sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585)
Ourense abre as portas do reino suevo coa maior exposición de Europa sobre este pobo.
In tempore sueborum, organizada pola Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e o Bispado de Ourense , exhibe por primeira vez, en tres espazos expositivos: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal, 262 pezas de grande valor histórico-artístico de 39 museos europeos facendo un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia medieval do século V. Reúne a colección máis destacada que se ten realizado sobre o mundo suevo, na que destacan xoias e pezas ornamentais dunha princesa sueva, utensilios e figuras artísticas en ouro e prata, vidro, madeira e ámbar, e elementos relixiosos e funerarios.
Exposición: 15 de decembro de 2017 ao 6 de maio de 2018
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Alex Vázquez Palacios. CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
…como o aire se pinta a si mesmo, unha mostra de Alex Vázquez Palacios que foi inaugurada o día 4 de setembro de 2014 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
A mostra recolle os últimos cinco anos de traballo de Álex Vázquez, na que se pode apreciar a evolución dende unha figuración e unha aplicación máis tranquila da cor a unha última fase na que predomina o movemento como elemento fundamental da súa obra. Os cadros baséanse en paisaxes galegos e portugueses de lugares como Pontevedra, Oporto, Lisboa, O Ribeiro, Meaño, Pazos de Arenteiro ou Monteferro. “Para elo -explica o artista- teño como caderno de notas uns apuntes, fotografías e mesmo a memoria. Son os que me axudan a estruturar os esbozos, e logo as emocións comezan a darlle forma e cor a cada obra”.
Cunha ampla traxectoria expositiva en galerías e centros culturais de España, os cadros de Álex Vázquez son tamén coñecidos no ámbito europeo, sendo as súas coleccións expostas en países como Portugal, Alemaña ou Bélxica. Asemade, é coautor de numerosos proxectos editoriais, participando no seu deseño, desenvolvemento e ilustración en colaboración con destacadas figuras literarias como Carlos Casares, Francisco Fernández del Riego, Francisco Fernández Naval ou Xavier Alcalá.
Exposición: 4 de setembro ao 26 de outubro do 2014
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Carlos González Villar e Baldo Ramos. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
ONDE BEBEN OS CERVOS QUE AMANSOU O CALÍGRAFO, unha mostra de Carlos González Villar e Baldo Ramos, que foi inaugurada o día 6 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
O pintor e gravador Carlos González Villar e o poeta e tamén pintor Baldo Ramos xúntanse nesta exposición onde a literatura e os libros de artista conviven coa pintura e a caligrafía nun proxecto artístico novidoso e cheo de sensibilidade. Sin conocerse persoalmente, o traballo de Carlos cautivóu en varias ocasións a Baldo Ramos, ate que por fín chegaron a encontrarse e a partires dese momento naceu unha colaboración artística que ve a luz nesta exposición do Centro Cultural.
Exposición: 6 de marzo ao 27 de abril do 2014
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Alfonso Medela Trío. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
Concerto de Alfonso Medela Trío e cata de viños da adega Ramón de Casar da D.O. Ribeiro que tivo lugar o xoves 18 de setembro no marco da exposición ...como o aire se pinta a si mesmo de Alex Vázquez Palacios.
A mostra pode visitarse ata o 26 de outubro e todos os xoves haberá catas e actividades complementarias.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Pure Pop Art. Fascinación polo trivial. CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
Pure Pop Art. Fascinación polo trivial é unha mostra na que se exhiben 104 obras dos máis representativos artistas deste movemento creativo, como Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Steve Kaufman, Keith Haring, Robert Rauschenberg, Mel Ramos, Pietro Psaier ou Robert Indiana.
Promovida pola Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Cum Laude e a Fundación MBA (propietaria da colección), esta exposición, inaugurada o día 31 de outubro de 2013 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, pode visitarse ata o 15 de decembro.
Exposición: 31 de outubro ao 15 de decembro de 2013
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Sergio Portela. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugurou o día 11 de marzo a exposición: Senso Sublime, do artista Sergio Portela.
Senso, de sensualidade, e sublime, de espiritualidade, son os motivos que inspiran ao artista, Sergio Portela, nesta mostra que se pode visitar ata o 24 de abril . Trátase dunha mostra na que este creador recolle parte dos seus traballos en pintura, fotografía, arquitectura e, especialmente, en escultura, con obras figurativas de especial carga simbólica e que combinan o clasicismo coa contemporaneidade.
Sergio Portela naceu en Madrid no ano 1970 e vive en Pontevedra dende 1971. De familia orientada ao mundo da creación artística e técnica, fai que desde a súa nenez navegue entre as ciencias e as artes. Pintura, poesía, música, escultura, fotografía, cine e arquitectura son as disciplinas que emprega para desenvolver a súa creatividade. Ten obra pública permanente de pintura, escultura e arquitectura en España e Xapón. Actualmente desenvolve prototipos de vivendas prefabricadas e a súa integración paisaxística, conseguindo realizar as primeiras vivendas de protección pública de madeira en España.
Exposición: 11 de marzo ao 24 de abril
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Carlos Casares e a fotografía. CC Marcos Valcárcel Deputación de Ourense
Carlos Casares e a fotografía unha mostra que se inaugurou no Centro Cultural Marcos Valcárcel o día 12 de marzo de 2015.
Esta mostra supón a primeira exposición de fotos do universal creador literario galego e na que podemos admirar a súa creatividade coa imaxe, segundo explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación. Xunto ao titular da institución provincial estiveron o presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares; o comisario da exposición, Gustavo Adolfo Garrido, e o director do Centro Cultural, Francisco González.
O comisario da exposición, Gustavo Adolfo Garrido, dixo que Casares foi un verdadeiro entusiasta da fotografía, e nesta mostra pódense ver dúas partes da súa obra fotográfica: retratos e viaxes. Xabier Casares, pola súa banda, dixo que o interese de Carlos pola fotografía facíase patente ao regreso das súas viaxes, cando nos amosaba unha gran cantidade de fotos e comentaba cada unha delas; era unha ledicia escoitar eses relatos e vivencias impregnadas en cada instantánea.
Exposición: 12 de marzo ao 5 de abril do 2015.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Periferias da fotografía na Colección Alcobendas. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
PERIFERIAS DA FOTOGRAFÍA NA COLECCIÓN ALCOBENDAS
Unha mostra do Outono Fotográfico e o Centro de Arte Alcobendas comisariada por José María Díaz-Maroto e Vítor Nieves que se inaugurou no Centro Cultural Marcos Valcárcel o día 29 de outubro de 2015.
Esta mostra conta con obras de Tomy Ceballos, Eduardo Cortils, Julio Alvarez Yagüe , Pilar García Merino, Miguel Ángel Gaüeca, Pablo Genovés, Manolo Bautista, Antonio Bueno, Rosa Muñoz Fotografía, Angel Marcos, Javier Vallhonrat, Jorge Rueda, Miguel Ángel Tornero, Marta Soul, Ciuco Gutiérrez, Gonzalo Puch, Chema Madoz, Alvargonzalez, Toni Catany, OUKA Leele (oficial), Javier Esteban López, José Mendoza, Luis Castelo, José Ramón Bas, Isabel Flores, Daniel Canogar, Almalé & Bondía, Joan Fontcuberta e Alicia Martín.
Exposición: 29 de outubro ao 13 de decembro.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. CC Marcos Valcárcel deputación de Ourense
Exposición dos traballos de fin de curso, realizados polos alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense.
Exposición inaugurada o día 17 de xuño de 2013 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Diputación de Ourense.
Música: La Guetta la Runa Añada Blues
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Rooibos. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
Concerto do grupo de música Rooibos e cata de viños da adega Val de Souto que tivo lugar o xoves 23 de outubro no marco da exposición ...como o aire se pinta a si mesmo de Alex Vázquez Palacios.
A mostra pode visitarse ata o 26 de outubro e todos os xoves haberá catas e actividades complementarias.
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Entre a auga e a pedra. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
Entre a auga e a pedra, unha mostra de 12 fotógrafos que foi inaugurada o día 1 de setembro de 2014 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
A mostra recolle unha selección de fotografías realizadas polos alumnos participantes nun Curso de Fotografía Dixital Creativa que o fotógrafo Víctor Barro impartiu o pasado mes de maio no Centro Cultural. A mostra xira ao redor da auga e da pedra, inmortalizando lugares emblemáticos da provincia onde algún destes elementos, ou os dous, son protagonistas.
A exposición está formada polo traballo dos fotógrafos: X. Luis Álvarez Prieto, Marisol Amoeiro Pérez, José Ramón Araújo Fernández, Víctor Barro, Mercedes Bosquet Herreros, Salomé Caamaño Cives, Ana Belén Fernández Valado, Ana Isabel García Fernández, Roberto Carlos Gómez Nogueiras, Mercedes López Rubín, Patricia Pérez Rodríguez e Walter Saint - Blancard
Exposición: 1 ao 10 de setembro do 2014
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
In tempore Sueborum
In tempero Sueborum trasládanos á nosa historia na idade Tardo-Antiga, no ocaso do Imperio Romano, cando os suevos instálanse no Noroeste da Península Ibérica. Aqueles feitos dos séculos IV ao V cambiarannos o concepto de xentes bárbaras, herdado dos romanos. A exposición estrutúrase en tres ambientes situados no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na igrexa de Santa María Nai e no Museo Municipal, para saber da chegada dos suevos, da orixe do cristianismo na época e de como convivían co galaico-romanos da Gallaecia.
Noemi Penela. CC Deputación Ourense.
Exposición de Noemi Penela titulada Ilustrando soños inaugurada o día 8 de xuño de 2011 no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Exposición: 8 de xuño ó 3 de xullo de 2011
Inauguración In Tempore Sueborum
Ourense abre as portas do reino suevo coa maior exposición de Europa sobre este pobo.
In tempore sueborum, organizada pola Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e o Bispado de Ourense , exhibe por primeira vez, en tres espazos expositivos: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal, 262 pezas de grande valor histórico-artístico de 39 museos europeos facendo un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia medieval do século V. Reúne a colección máis destacada que se ten realizado sobre o mundo suevo, na que destacan xoias e pezas ornamentais dunha princesa sueva, utensilios e figuras artísticas en ouro e prata, vidro, madeira e ámbar, e elementos relixiosos e funerarios.
Exposición: 15 de decembro de 2017 ao 6 de maio de 2018
Víctor Prieto. CC Marcos Valcárcel Deputación Ourense
Victor Prieto, acordeonista e compositor galardoado cun premio Grammy en 2010 presentou o luns 16 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a conferencia De Vistahermosa a Nova York, onde relatou como chegou a ser un dos mellores acordeonistas e compositores do mundo.
Acordeonista e compositor, Víctor Prieto está a revolucionar a maneira en que o acordeón se toca, creando novos sons e técnicas para este instrumento: pioneiro na execución, ensino e aplicación de harmonía moderna e jazz ao acordeón, el é o creador dunha nova técnica para o acordeón chamada ?aproximación de acorde en ambas as mans?, o que lle permite deseñar e executar harmonías non interpretadas anteriormente.
Encontro organizado pola asociación sen ánimo de lucro Fundación CumLaude
Vídeo: Salomé Caamaño