Acuario de Compostela CIR Ría de Arousa Villagarcía By EC1DJ
Desmantelamiento del Acuario de la Playa de Compostela en Villagarcía de Arosa, (Pontevedra).
El edificio concebido como Centro de Interpretación de la Ría de Arousa, se construyó en 1985 por el arquitecto César Portela.
Llevaba varios años prácticamente en desuso, y se había convertido en un elemento sin sentido que impedía ver la ría en todo su esplendor natural...
Fotos: Miguel Ángel Ruano.
PETROGLIFO OUTEIRO DO BARRAL - CATOIRA
PETROGLIFO
OUTEIRO DO BARRAL
CATOIRA - PONTEVEDRA
Os grabados ruprestes ó aire libre constitúen un tema moi importante de Galicia xa que son unha manifestación moi peculiar desta área. O seu estudo plantexou e plantexa fondos problemas, como o da cronoloxía, cuestión iconolóxica, etc.
En xeral, os petroglifos galegos caracterízanse polo tema das combinacións circulares, sendo escasas as representacións de tipo figurativo- naturalista. DE LA PEÑA e VÁZQUEZ VARELA (1979) observan que no tocantes a técnica empregada na confección dos grabados, diferéncianse dous tipos: aqueles nos que os surcos presentan unha sección transversal en forma de V con bordes moi angulosos, e que nos falan dunha relativa modernidade, e aqueles nos que a sección transversal é en U moi aberto e que é técnica predominante e seica máis antigua.
No tocantes á cronoloxía, os grabados van- segundo os motivos- dende un momento posterior á Cultura Megalítica e anterior á Cultura Castreña, ata épocas medievais ou modernas.
A temática que presentan os diversos petroglifos existentes en Catoira, son cazoletas, círculos sinxelos e combinacións circulares.
As cazoletas poderían ter moi diferente significado segundo o contexto no que aparezan. A cronoloxía tamén depende, pois se ben poden constituir parte da arte rupestre prehistórica, tamén hai representación de cazoletas sobre os marcos que sinalaban os límites territoriais, xa en momentos plenamente históricos.
O das combinacións circulares é o tema máis característico da arte rupestre prehistórica galega. Quizabes estas representacións teñan un carácter simbólico- relixioso.
OUTEIRO DE BARRAL
Localización: Barral.
Coordenadas. 42º 38' 49'' N. - 8º 42' 56'' W.
Acceso: estrada C- 550 de Pontecesures a Vilagarcía, á altura do kilómetro 9 cóllese un cruce á esquerda que leva ó lugar de Barral, ó final desta pista chégase a un camiño que leva á roca onde está o petroglifo. A uns 250 m máis adiante atópase un segundo grupo de petroglifos.
Adscripción cultural: Idade de Bronce.
Adscripción tipolóxica: representación gráfica.
Descripción: afloramento rocoso de granito nunha pequena loma no lugar de Barral. Actualmente utilízase para pastos e cultivos, sendo propiedade particular e comunal.
Apareceron fragmentos de tellas e cerámica de cor gris, medievais. Trátase de dous afloramentos rocosos distantes a uns 250 m. no primeiro grupo son cinco pedras con representación gráfica. As súas medidas oscilan entre 3,20 por 2,50 metros para a máis alta, e 1,20 por 1 metro a máis pequena. O motivo representado é de cazoletas.
O segundo grupo, formado por unha sola pedra colmatada de terra en varias partes. O motivo decorativo é de cazoletas. Ó pé deste afloramento, cerca do camiño e paralelo a este atópase unha inzcripción alterada na que se pode ler: --- A V SS (T) D V (NON) II II. As letras en parénteses son dudosas. As dimensións son de 12 por 17 cm