PAPAVENTOS13N / ACCIÓN PAPAVENTOS NA COSTA GALEGA. Praia do Rostro de Fisterra (Galiza) 5/01/2013
Un proxecto de Martí Monjo con la colaboración de;
Jose Luís dela floristeria de Muxia # Rosa Vázquez Domínguez # Gom de Abadim # ARL # Reme # Palmira Castro # Xelo del bar OXardin de Muxia # FernándezDominguez de Ourense e Alfonso Teacher #...
VOLUNTARI@S:
Alicia Carrillo Lago # joseluisluaces # maruxadacosta # Reme + 2 voluntari@s # David Álvarez # Amaro Marcelo Rúa Lago # Palmira Castro # Belén Piñeiro Álvarez # Sebastián Miranda Rubianes #
Araceli Paredes e Christian Martinez Paredes + 2 voluntari@s # Balbina Gándara # Irene Esperon Rodriguez, Eva, Carmela, Carmen, Roberto e Jesús. # GomdeAbadim e Sandra Vazquez Niñez # Ignacio Sanchez Prieto # Toñico Haz Amigo # Iago Bueno García + 7 voluntari@s # Constanza Vidal Forteza + 2 voluntari@s # Dali Fernandez Pereiro # Xelo O Xardin # Manuel Vázquez Suárez # ...
[Texto em lingua galega]
A acción consiste nunha escultura viva, móbil e de carácter efémero, na que os protagonistas son 40 persoas voando papaventos e por outra parte o vento e o mar de Galiza que opoñen resistencia ao seu control.
Trátase dun acto de recoñecemento a todas aquelas persoas de moi diferentes procedencias que se solidarizaron ou traballaron na limpeza do fuel vertido polo Prestige.
O proxecto que se presenta atópase nun punto intermedio entre unha acción e un happening, entre unha idea preestablecida a modo de guión e a improvisación do que sucederá no contexto da praia do Rostro.
A estrutura ou composición xeral espazo ambiental-paisaxe-acodes, na acción, resúmese da seguinte maneira;
O lugar; a praia cunha lonxitude de 1925m por 50m de anchura (aprox.), onde se distribuirán o corenta e cinco acodes coas súas respectivas cometas, nun espazo intermedio (entre cada persoa) dun 40m. Marcando así o límite da costa no espazo seleccionado dela.
A intención é a de apropiar directamente unha circustancia ou un suceso pasado a través da acción. Hai unha intervención nun espazo público, na paisaxe, o da costa galega onde na súa normalidade cotiá, cos seus diferentes fenómenos de clima, xeolóxicos e do movemento do mar, hai unha estratexia de cambio da realidade, desde a perspectiva de algo acontecido nun momento concreto, neste caso o lugar a paisaxe afectado o fuel do Prestige hai exactamente 10 anos.
A realidade simulada é o elemento estético, facer da memoria dun feito pasado e non da súa reprodución (a modo de relato), unha experiencia diferente con actitudes físicas, psicolóxicas e culturais similares ás de entón cunha linguaxe determinada; o da intervención estética por parte da práctica artística.
A intención social e política vén reflectido no mesmo acto de intervención espacial, unha intervención que non é casual, como tampouco foi casual a invasión da costa galega por parte do fuel, senón que obedeceu a unha manobra ?política? fracasada do home para evitar a catástrofe. Neste caso, en cambio, a invasión é humana coa utilización dun obxecto; cométaa.
O político e cultural é tamén a manifestación humana representada polos voluntarios como ?actitude? expresa en comunicar-facer o que o poder é incapaz. Coa acción o voluntario pretende comunicar o mesmo mensaxe de entón. E á vez facer da memoria unha causa para evitar outra catástrofe como a do Prestige.
Aínda que a acción, de carácter efémero, ten unha forma aberta, cun comezo, un medio e un final estruturado en aproximadamente media hora (empeza a as12:00h i acaba ás 12:30) e tamén unha determinación, un plan, unha idea (a distribución dos voluntarios de forma equitativa ao longo de toda a praia), o que vai acontecer non se pode saber con exactitude. O factor tempo (climatolóxico) é quen dirixirá o movemento da acción.
A improvisación que é a base do proxecto atópase na actitude de cada voluntario ao enfrontarse ao dominio deste tempo a través do dominio do voo da propia cometa.
O exercicio para o dominio do factor vento con cométaa, é o acto paralelo lóxico ao dominio do fuel en/para a súa limpeza.
DIFUSIÓN:
Compasdacosta.com # La Voz d Galicia de Carballo # Quepasanacosta.com # Praza Pública # El Correo Gallego de Terras de Santiago # Diario Cultural de Radio Galega - CRTVG # Eldiario.es # Tamara Salvadores Villanueva del Concello de Laxe #...