MUIÑOS E BATAN DE MOSQUETIN - VIMIANZO
MUIÑOS E BATAN DO MOSQUETÍN
VIMIANZO
A CORUÑA
O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín consta de varios edificios: nos de arriba están os tres batáns e tres muíños, e nos de abaixo catro muíños. Catro destes muíños estaban destinados ao millo, dous eran en exclusiva para o trigo e outro era para o relón do trigo
. Teñen moitos anos de antigüidade, xa que no Catastro de Ensenada, de 1753, fálase da existencia de dous batáns e de cinco muíños. Pero este conxunto deixou de funcionar en 1966, pasando por diversas etapas de deterioro e abandono, por intentos de recuperación, de creación dun ecomuseo e de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), iniciativas que case sempre saíron das asociacións culturais e veciñais da comarca.
Pero a súa reapertura ao pública e recuperación logrouse a partir de 1997, cando o conxunto foi mercado pola Deputación da Coruña, quen restaurou os edificios e aparellos.
O batán, aínda que moita xente pense que se usaba para traballar o liño en Galicia, realmente era para traballar o liño. Tiña uns pesados e grosos mazos cos que se abatanaba, é dicir, batía os tecidos en mollado durante horas e horas.
Cada cinco horas había que sacar os tecidos, estiralos e volvelos a meter na pía. Deste xeito o tecido apretábase e era máis compacto. Se a la era de boa calidade estaba preparada en 28 horas; e se era de mala calidade, precisábase o dobre de tempo.
O batán consta de tres pezas fundamentais: unha caixa ou mesa, dous mazos e unha roda. A mesa ten unha cavidade onde se colocan as mantas ou outros tecidos para abatanar. No Mosquetín abatanábanse sobre todo mantas de la e viña xente de moi lonxe para isto.
E só se abatanaba no inverno, porque no verán a auga se reservaba para que moeran os muíños. Como curiosidade, a diferenza do muiñeiro, que cobraba en especie (en millo), o bataneiro cobraba en metálico

Muiños do Batan Herves Camileo H20 Parte1
Aqui de dominguero con la family probando la nueva camara Toshiba Camileo H20
Do mar á terra. Vimianzo. Do mar á terra
Vimianzo, a natureza sorprendente feita escultura coma nos Penedos de Piñeo e nos de Pasarela, lévanos ata o mar. Sabadelle é a saída do municipio á Costa da Morte. Unha costa que proporciona os produtos que configuran a súa gastronomía.
Funcionamento do batán, a roda, o eixe, os mazos e a cuba.AVI
PROCESO DE ELABORACIÓN DUNHA MANTA
A partir de aproximadamente 10 Kg de la de ovella seguíase o seguinte proceso:
1.- Lavala e secala ben.
2.- Gardala cunha carda de púas de arame.
3.- Unha vez cardada, facíanse pequenos lotes de la chamados manelas.
4.- Colocábanse as manelas de la nunha roca e con un fuso íanse transformando nun novelo de fío.
5.- A partir dos novelos, as tecelás, mediante os teares artesáns confecionan as bases das mantas ou colchas, cunhas dimensións do 200% da manta que querían conseguir
6.- Levábase a manta confeccionada ao batán, onde se sometía ao proceso de acabado. Este proceso consistía en meter varias mantas (cinco ou seis) na cuba, pregadas en zigzag, sendo golpeadas polos mazos do batán durante 24 a 30 horas. Durante este tempo había que parar varias veces o batán, para voltear as mantas. Ao cabo deste tempo de abatanamento, a manta mermou as súas dimensións nun 50% e compactouse, de tal xeito que está lista para, unha vez seca, ser usada.